Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Manuel de Oya 2025

O FICYE aposta pola investigación cunha nova convocatoria das Bolsas Manuel de Oya 2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/12/2025

Requisitos:

  • Poderán solicitar as bolsas licenciade@ e/ou graduad@s de calquera grao de ciencias da saúde, sempre que realicen o proxecto en universidades, hospitais ou centros de investigación españois.
  • Poderán solicitar as bolsas os estudantes de posgrao no ámbito de ciencias da saúde.
  • En todo caso os solicitantes deberán ser menores de 35 anos no momento no que solicitan a bolsa. A data de nacemento dos solicitantes deberá ser posterior ao 1 de xaneiro de 1990. Os solicitantes deberán contar cun director de proxecto que pertenza a unha universidade, Hospital ou centro de investigación español.

Remuneración / Dotación:

A dotación das bolsas ascende a 18.000€ cada unha. Do total desta axuda, 15.000€ serán para o adxudicatario e os 3.000€ restantes destinaranse ao departamento da universidade ou centro de investigación ao que se acolla o bolseiro, en concepto de subvención para a compra de material para a investigación.

Páxina web:

ficye.es

Contacto:

Foro para a Investigación da Cervexa e Estilos de Vida (FICYE)

e-correo: info@ficye.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión