Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certámen Novos Emprendedores - Injuve

Convocada polo Injuve, a finalidade desta convocatoria é apoiar a mozas que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/05/2026

Requisitos:

  • Dirixido a persoas novas de nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España, persoas físicas ou xurídicas.
  • Cando se trate de persoas físicas, estas deben ter residencia legal e permiso de traballo en España e non superar a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.
  • Cando o proxecto sexa realizado por unha persoa xurídica, a solicitude debe ser presentada polo representante legal da devandita persoa xurídica, quen en ningún caso debe superar os 35 anos. Así mesmo, deberán presentar declaración responsable de que o capital social pertence maioritariamente (51%) a mozos que non superen os 35 anos. No caso das asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica deberá achegarse declaración responsable de que a maioría (polo menos o 51%) dos membros do órgano de representación ou xunta directiva da entidade non supera os 35 anos.
  • O domicilio social e o ámbito de realización da actividade principal do proxecto que se presente deben estar, en todo caso, en territorio español.
  • Proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes.

Remuneración / Dotación:

  • A cada un dos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha achega en metálico de vinte mil euros (20.000 €).

Páxina web:

https://www.injuve.es/

Organiza:

    Contacto:

    Injuve

    Non perdas

    Non perdas

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión