Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A área de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña convoca subvencións para actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade no exercicio 2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 05/05/2026
Requisitos:
Sede ou delegación na Coruña (acreditada).
Entidade sen ánimo de lucro e con fins acordes á subvención.
Inscrita en REMAC.
Subvencións anteriores xustificadas.
Non incursa en prohibicións legais para subvencións.
Cumprir normativa de igualdade e demais lexislación aplicable.
Remuneración / Custo:
Este crédito distribuirase con arranxo aos seguintes importes:
Liña 1: 60.000 €
Liña 2: 90.000 €
O importe máximo que se poderá conceder para cada proxecto é de oito mil euros (8.000,00 €), podendo solicitar cada entidade un máximo dun proxecto.
Apoia economicamente a asociacións que traballan polos dereitos das mulleres e a non discriminación (por orixe, diversidade cultural, capacidades, xénero, orientación sexual, etc.).
A axuda cobre gastos de funcionamento para fortalecer o tecido asociativo na Coruña.
Non poden solicitala entidades que xa reciban outra axuda municipal para eses mesmos gastos.
Liña 2:
Financia actividades e proxectos relacionados con:
Prevención de violencias machistas e atención a vítimas
Promoción da igualdade de xénero
Defensa dos dereitos LGTBQI
Divídese en:
2.1: Proxectos para fomentar a igualdade de xénero e eliminar desigualdades entre homes e mulleres.
2.2: Accións de promoción e defensa dos dereitos LGTBQI e contra a discriminación.
Condicións de solicitude:
Pódese solicitar unha ou varias liñas/programas.
Cada solicitude debe presentarse por separado con toda a documentación requirida.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible