Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
Ábrese o prazo para solicitar as axudas para compra de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 15/04/2026 ata o 15/10/2026
Remuneración / Custo:
A contía máxima da axuda determinarase en función da modalidade da axuda que se solicite e terá o límite do 20 % do prezo de adquisición da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición:
Modalidade A, a contía máxima da axuda será a seguinte:
Ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos.
Ata 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
No suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda.
Modalidade B, a contía máxima da axuda será a seguinte:
No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 36 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas con idade igual ou maior de 36 anos.
No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria que adquira unha parte dela determinarase aplicando a porcentaxe de cota adquirida ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido o 100 % da vivenda.
Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da UE ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.
Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública formalizada con anterioridade á referida data (ver excepcións na convocatoria)
Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español (ver excepcións na convocatoria).
Para poder acceder ás axudas é preciso que a vivenda xa estea construída no momento da presentación da solicitude.
No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados para poder ser beneficiaria da axuda.
Poderán solicitar a axuda aquelas persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en calquera das modalidades previstas nesta resolución, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A), lles fose denegada por esgotamento do crédito
Modalidade A: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico
Prezo: o prezo máximo de venda dependerá do concello onde estea situada (ver convocatoria).
Contrato:
Ter subscrito con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos establecidos nestas bases.
Persoas beneficiarias:
Ingresos iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM.
O requisito do empadroamento só será exixible no momento da finalización das obras, para o suposto de que fora necesaria a súa rehabilitación.
Modalidade B: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado
Vivenda:
A vivenda debe ter sido cualificada definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertada, e debe tratarse dunha adquisición en primeira adxudicación ou transmisión.
Ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivenda
O prezo máximo será o previsto na cualificación definitiva.
Contrato:
Ter subscrito con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta convocatoria.
O contrato privado deberá estar visado pola área provincial do IGVS.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible