Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Subvencións para residencias literarias fóra de Galicia
A Consellería de Cultura establece a convocatoria da concesión de subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/05/2026
Requisitos:
Poden participar as persoas físicas que interveñan no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
As persoas solicitantes deberán contar coa aceptación expresa de participación na residencia para a cal soliciten a axuda a través desta orde
As persoas solicitantes presentarán un proxecto de creación por estadía na residencia para a cal soliciten subvención que non exceda as 10 páxinas.
As obras resultantes deberán estar correctamente realizadas en galego, segundo o disposto na lexislación vixente.
As persoas participantes responderán da orixinalidade e autoría dos proxectos obxecto de subvención e deberán garantir que posúen lexitimamente todos os dereitos de propiedade intelectual sobre eles.
As persoas creadoras beneficiarias comprométense a mencionar que parte do desenvolvemento da obra tivo lugar durante o período de residencia subvencionada pola Xunta de Galicia.
Remuneración / Custo:
O importe concedido non poderá superar os seguintes limites económicos segundo o destino das persoas participantes na residencia:
- España: ata 500 €/persoa.
- Europa e países ribeiregos do Mediterráneo: ata 900 €/persoa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible