Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocada polo Injuve, a finalidade desta convocatoria é apoiar a mozas que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 08/05/2026
Requisitos:
Dirixido a persoas novas de nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España, persoas físicas ou xurídicas.
Cando se trate de persoas físicas, estas deben ter residencia legal e permiso de traballo en España e non superar a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.
Cando o proxecto sexa realizado por unha persoa xurídica, a solicitude debe ser presentada polo representante legal da devandita persoa xurídica, quen en ningún caso debe superar os 35 anos. Así mesmo, deberán presentar declaración responsable de que o capital social pertence maioritariamente (51%) a mozos que non superen os 35 anos. No caso das asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica deberá achegarse declaración responsable de que a maioría (polo menos o 51%) dos membros do órgano de representación ou xunta directiva da entidade non supera os 35 anos.
O domicilio social e o ámbito de realización da actividade principal do proxecto que se presente deben estar, en todo caso, en territorio español.
Proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes.
Remuneración / Custo:
A cada un dos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha achega en metálico de vinte mil euros (20.000 €).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible