Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Fundación Fad Juventud (FAD) organiza o concurso “Desactiva tus prejuicios”, dirixido a persoas novas de entre 14 e 18 anos de idade, co obxecto de reducir a presenza ou emisión de prexuízos negativos e conciencialos sobre as consecuencias que teñen ditos prexuízos e certos estereotipos negativos sobre as persoas e grupos en situacións de discriminación.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 15/05/2026
Requisitos:
Ter entre 14 e 18 anos de idade.
Residir en España.
A inscrición no concurso realizarase de maneira grupal. Os grupos que participen poderán estar compostos por un mínimo de 3 membros, e un máximo de 15. Cada grupo estará representado por unha figura adulta.
Poderán presentar produtos elaborados surxidos do seu traballo grupal, que reflexen calquera actividade vinculada coas artes escénicas ou de representación: textos teatrais, pezas breves representadas, propostas ou incluso iniciativas previstas ou desenvolvidas para fomentar esta metodoloxía artística no seu entorno social próximo, etc, sobre a temática mencionada.
O premio consistirá en que Fad Juventud apoiará económicamente polo menos unha representación pública do produto gañador (peza, obra ou texto) dende o punto de vista da súa difusión mediática e comunicativa, así como dende o operativo, sempre en función do presupostos dispoñible para elo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible