Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Co obxectivo de crear un oasis de diversión en metade do infinito universo dixital, Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, lanza o concurso "A miña vida é un meme".
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 17/05/2026
Requisitos:
Concurso aberto a persoas de calquera país ou nacionalidade.
Pódese reinterpretar un meme ou unha tendencia xa existente ou crear un meme ou unha tendencia orixinal. Aínda que deben ter un ton humorístico, paródico, irónico ou sarcástico, non poden ser irrespetuosas con ningunha persoa ou colectivo.
Pódese participar con tantas pezas como se queira. Non terán limitación de tempo e poden estar realizadas en calquera formato: vídeo clásico, reel, animación, IA, montaxes fotográficas, stop motion, etc.
As pezas deberán compartirse en Instagram e/ou TikTok (en perfís públicos) xunto ao hashtag #vayameme e coas mencións (que non etiquetas) a @culturainquieta e @iberdrola.
Só teranse en conta vídeos compartidos en perfís públicos. Non se admitirán envíos por mensaxe privada, correo electrónico ou stories.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible