Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Concursos da XIX Feira Matemática: Fotografía Matemática, Matmonólogos e Esopías
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza cada ano a Feira Matemática, un evento de divulgación das matemáticas que, entre outras actividades, promove a participación de estudantes e adultos a través de varios concursos, un de Fotografía Matemática, outro de Matmonólogos e un de Esopías.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 27/02/2026
Requisitos:
Requisitos xerais:
Establécense 3 categorías de participación para os tres concursos:
1. Alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º curso da ESO.
2. Alumnado de 3º e 4º curso da ESO e Bacharelato.
3. Adultos/as, maiores de 18 anos.
Requisitos do XVIII Concurso de Fotografía Matemática:
Tema das fotografías: as matemáticas. Suxírese en particular o tema das "Pensamento computacional e intelixencia artificial", o lema do Día Escolar das Matemáticas para o ano 2026.
As fotografías deberán ser orixinais, non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital. Terán un tamaño de impresión mínimo 15 cm x 20 cm, máximo 20 cm x 30 cm e peso máximo de 1,5 Mb.
Cada fotografía debe levar un título que a relacione co seu contido matemático e deberá ir acompañada dun texto descritivo/explicativo sobre a vinculación o mundo matemático, cunha extensión máxima de 100 palabras.
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías.
Os participantes presentarán un guión orixinal cunha extensión máxima de 1000 palabras en lingua galega ou castelá. Poderán presentar ata un máximo de 3 guións, pero só terán opción a un premio.
As persoas participantes presentarán unha esopía orixinal, en castelán ou galego, segundo a guía que acompaña á convocatoria, e tendo en conta a definición desta: "Esopía" é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (chío), onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número π.
A esopía terá un mínimo de 5 palabras.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 esopías, pero só terá opción a un premio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible