Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Concursos da XIX Feira Matemática: Fotografía Matemática, Matmonólogos e Esopías

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza cada ano a Feira Matemática, un evento de divulgación das matemáticas que, entre outras actividades, promove a participación de estudantes e adultos a través de varios concursos, un de Fotografía Matemática, outro de Matmonólogos e un de Esopías.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 27/02/2026

Requisitos:

Requisitos xerais:

  • Establécense 3 categorías de participación para os tres concursos: 
    • 1. Alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º curso da ESO.
    • 2. Alumnado de 3º e 4º curso da ESO e Bacharelato.
    • 3. Adultos/as, maiores de 18 anos.
  • Requisitos do XVIII Concurso de Fotografía Matemática
    • Tema das fotografías: as matemáticas. Suxírese en particular o tema das "Pensamento computacional e intelixencia artificial", o lema do Día Escolar das Matemáticas para o ano 2026.
    • As fotografías deberán ser orixinais, non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital. Terán un tamaño de impresión mínimo 15 cm x 20 cm, máximo 20 cm x 30 cm e peso máximo de 1,5 Mb.
    • Cada fotografía debe levar un título que a relacione co seu contido matemático e deberá ir acompañada dun texto descritivo/explicativo sobre a vinculación o mundo matemático, cunha extensión máxima de 100 palabras.
    • Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías. 
    • A participación farase a través do formulario web dispoñible en https://mateblog.agapema.org/fotografia-matematica
  • Requisitos do XV Certame de Matmonólogos:
    • Os participantes presentarán un guión orixinal cunha extensión máxima de 1000 palabras en lingua galega ou castelá. Poderán presentar ata un máximo de 3 guións, pero só terán opción a un premio.
    • O tema deberá estar relacionado coas matemáticas.
    • A participación farase a través do formulario web dispoñible en https://mateblog.agapema.org/matmonologos-inicio
  • Requisitos do XI Concurso de Esopías:
    • As persoas participantes presentarán unha esopía orixinal, en castelán ou galego, segundo a guía que acompaña á convocatoria, e tendo en conta a definición desta: "Esopía" é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (chío), onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número π.
    • A esopía terá un mínimo de 5 palabras.
    • Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 esopías, pero só terá opción a un premio.
    • A participación farase a través do formulario web dispoñible en https://mateblog.agapema.org/esopias

Remuneración / Dotación:

Designarase un/ha gañador/a por cada unha das 3 categorías de cada concurso. 

Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

Página web:

https://mateblog.agapema.org

Contacto:

Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)

correo-e: feiramatematica@agapema.org

https://agapema.org

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión