Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concursos de Fotografía Biolóxica e Debuxo Científico da UM

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Murcia convoca unha nova edición dos seus concursos de Fotografía Biolóxica e Debuxo Científico dentro dos actos da XXXIX Semana da Bioloxía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 22/12/2025

ata as 14.00 h.

Requisitos:

  • Para o concurso de Debuxo Científico:
    • Poderá participar calquera persoa interesada.
    • O tema dos debuxos científicos estará relacionado coa "curiosidade da ciencia".
    • O formato do debuxo axustarase a 30 x 42 cm.
    • As obras poderán ser realizadas sobre papel de debuxo, de gran e gramaje variable, utilizando calquera material propio do debuxo (lapis, carbón, sanguina, bolígrafo, tinta, etc.) incluídos materiais pigmentados (secos ou húmidos) de todo tipo.
    • Cada autor poderá concursar cun máximo de 2 debuxos. Cada obra deberá levar un título expreso.
    • Para máis información consultar as bases específicas.
  • Para o concurso de Fotografía Biolóxica:
    • Poderá participar calquera persoa interesada.
    • As fotografías deberán estar relacionadas coa "curiosidade da ciencia".
    • O formato da fotografía axustarase a 18x24 cm e terá que presentarse sobre unha cartolina que lle exceda 3 cm ao redor. Non se admitirán fotografías manipuladas dixitalmente, fotomontaxes, viraxes de cor, clonacións, marcas de auga, marcos ou imaxes con fondo artificial. Si se aceptarán imaxes convertidas a branco e negro.
    • Cada autor poderá concursar con dúas fotografías. Cada obra deberá levar un título expreso, marcado na cartolina ao pé da fotografía.
    • Para máis información consultar as bases específicas.

Remuneración / Custo:

250 € para a obra gañadora de cada concurso

Páxina web:

www.um.es

Contacto:

Universidade de Murcia

Decanato da Facultade de Bioloxía

Edificio nº 20 - Campus de Espinardo (30100 - Murcia)

Tel.: 868 88 4903

correo-e: biologia@um.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión