O Concello de Paderne convoca a primeira edición do certame de fotografía que leva por nome “Paderne: unha ollada o paraíso”.
Para público en xeral
Ata o 15/11/2026
Ser maior de 16 anos.
A temática debe ser sobre aspectos naturais e patrimoniais, etnográficos ou costumistas do Concello de Paderne.
Cada participante poderá presentar tres fotografías como máximo.
As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor. Deberán ser orixinais, inéditas e recentes; non poderán ser alteradas electrónicamente, nin por calquera outro medio. Non se aceptarán fotomontaxes, nin imaxes xeradas por intelixencia artificial.
As fotografías entregaranse en formato JPG, cunha resolución mínima de 300 ppp e tamaño máximo de 10 Mb. E ademais en papel fotográfico, cun tamaño de 20x30 cm. E título de cada unha das imaxes. 9.
Non se aceptarán fotografías premiadas con anterioridade noutros concurso ou certames.
Categoría de móbil:
1 º premio: 150 €
2º premio: 100 €
3º premio: 50 €
Categoría de cámara:
1º premio: 300 €
2º premio: 200 €
3º premio: 100 €
Concello de Paderne
Consistorio s/n
15314 - Paderne (A Coruña)
Tel: 981 797 001 / 981 776 302
E-correo: correo@concellodepaderne.com
Publicación: BOP 17/04/2025
Categorías:
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible