Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
IV Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno
O IV concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno, organizado por Demo Editorial e o Museo do Humor Xaquín Marín de Fene, convida á mocidade galega a facer unha historia curta sobre o cambio climático.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/05/2026
Requisitos:
Poderán participar mozos e mozas de 8 a 16 anos, residentes en Galicia. A participación poderá ser a título individual ou por equipos de 2 persoas (guionista + debuxante), nas seguintes categorías:
- Infantil: de 8 a 11 anos
- Xuvenil: de 12 a 16 anos
Os participantes presentarán unha única historia curta de banda deseñada (máximo 1 páxina) ou tira cómica, con enfoque humorísitico e temática centrada no cambio climático (causas, consecuencias, accións positivas para poñerlle freo, situacións absurdas ou cómicas que xurdan do que lle está pasando ao noso planeta, etc.)
A obra deberá ser inédita e orixinal. Presentarase en papel ou cartolina en tamaño 297x210 mm (DIN-A4) ou 297x420 mm (DIN-A3). Non se admitirán fotocopias.
Todos os textos que se inclúan na obra deberán estar redactados en galego aínda que tamén se poderán presentar traballos sen texto.
Remuneración / Dotación:
Categoría Infantil:
1º Premio: 100 €, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 75 €
2º Premio: un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 50 €.
Categoría Xuvenil:
1º Premio: 150 €, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 100 €
2º Premio: un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 75 €.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible