Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios nacionais Consumópolis21: Á hora de consumir, que non te domine o "click"

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 ten como obxectivo promover a reflexión, de forma crítica e solidaria, sobre distintos aspectos do consumo responsable e sustentable mediante a realización das actividades que se propoñen.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/10/2025 ata o 02/03/2026

Inscricións:

Dende o 06/10/2025 ata o 02/03/2026

Requisitos:

Poderán participar neste concurso escolares que estean matriculados/as en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional nalgún dos tres seguintes niveis:

  • Nivel 1: quinto e sexto cursos de educación primaria
  • Nivel 2: primeiro e segundo cursos de educación secundaria obrigatoria
  • Nivel 3: terceiro e cuarto curso de educación secundaria obrigatoria ou de formación profesional básica

A inscrición no concurso realizarase por equipos de cinco participantes, matriculados/as nalgún dos cursos do correspondente nivel de participación, coa coordinación dun/dunha docente do centro.

Remuneración / Dotación:

Computadores portátiles ou tabletas para cada un dos cinco participantes e o/a docente coordinador/a do equipo gañador para os tres niveis

Os gastos dos desprazamentos dos equipos gañadores e dos seus acompañantes ao acto de entrega dos premios nacionais.

Premio en metálico de 2.000 euros para os centros educativos aos que pertenzan os equipos gañadores.

Páxina web:

https://consumopolis.consumo.gob

Contacto:

Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030

P.º del Prado, 18, Centro, 28014 Madrid

Tlf.: 915 961 000

BOE 09/07/2025

Bases do premio

Consumópolis é un lugar con acceso a información e actividades sobre o consumo responsable. É tamén un punto de encontro que favorece o intercambio de opinións e experiencias entre todas as persoas que entenden como fundamental a formación en materia de consumo.

O obxectivo de Consumópolis é ofrecerlle á comunidade escolar unha ferramenta práctica e dinámica que contribúa ao desenvolvemento integral de actuais e futuros/as consumidores/as. Consumópolis favorece a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión