Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao e traballos fin de máster en materia de igualdade e dereitos das mulleres

A Valedoría do Pobo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, convoca a VI edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/12/2025

Requisitos:

  • Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
  • Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
  • Os traballos deberan ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2024/25.
  • Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.
  • As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude unicamente a un dos premios.

Remuneración / Custo:

  • Premio ao mellor traballo fin de grao (TFG): 1.500€ e diploma acreditativo.
  • Premio ao mellor traballo fin de máster (TFM): 1.500€ e diploma acreditativo.

Páxina web:

www.valedordopobo.gal

Contacto:

Valedoría do Pobo

Rúa do Hórreo, 65. 15701 - Santiago de Compostela (A Coruña)

tel:  981 569 740

e-correo: valedora@valedordopobo.galrexistro@valedordopobo.gal

Publicación: DOG 03/10/2025

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión