A Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio a través do Servizo de Normalización Lingüística, co fin de promover o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado, resolve convocar os “XXII Premios á calidade lingüística en galego dos traballos académicos, traballos de fin de grao e traballos de fin de máster” do curso 2025-2026.
Para público en xeral
O prazo de presentación de traballos académicos de curso de grao remata o 31 de xullo de 2026.
O prazo de presentación de traballos de fin de grao e de fin de mestrado remata o 30 de setembro de 2026.
Establécense 15 premios en metálico, acompañados dos correspondentes diplomas acreditativos, que se repartirán por cada unha das grandes áreas de coñecemento (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, e Humanidades), e para cada unha das seguintes modalidades:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica
Servizo de Normalización Lingüística da USC
Correo-e: servizo.normalizacion@usc.gal
Dende o 06/08/2026 ata o 28/08/2026
Dende o 05/07/2026 ata o 26/07/2026
Dende o 01/07/2026 ata o 30/07/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible