Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

USC |Premios á calidade lingüística

A Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio a través do Servizo de Normalización Lingüística, co fin de promover o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado, resolve convocar os “XXII Premios á calidade lingüística en galego dos traballos académicos, traballos de fin de grao e traballos de fin de máster” do curso 2025-2026.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

O prazo de presentación de traballos académicos de curso de grao remata o 31 de xullo de 2026.

O prazo de presentación de traballos de fin de grao e de fin de mestrado remata o 30 de setembro de 2026.

Requisitos:

  • Poderá presentarse a estes premios o alumnado da USC que estea matriculado en titulacións oficiais de grao ou mestrado da USC no curso 2025-2026, que elabore e, de ser o caso, defenda en lingua galega un traballo no devandito curso académico. Neste senso, existen tres modalidades de participación, segundo o tipo de traballo presentado:
    • a) traballo académico de curso de grao
    • b) traballo de fin de grao (TFG)
    • c) traballo de fin de mestrado (TFM)
  • O traballo académico deberá ser presentado para superar unha materia de grao no curso 2025/2026 e os TFG e TFM deberán ser defendidos e superados no curso 2025/2026.
  • A presentación realizarase a través do Rexistro Electrónico da Sede Electrónica da USC mediante o procedemento "solicitude xenérica": https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm

Remuneración / Coste:

Establécense 15 premios en metálico, acompañados dos correspondentes diplomas acreditativos, que se repartirán por cada unha das grandes áreas de coñecemento (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, e Humanidades), e para cada unha das seguintes modalidades:

  • Traballos académicos de curso de grao: cinco premios de 150 € (cento cincuenta euros), un por cada área de coñecemento
  • Traballos de fin de grao (TFG): cinco premios de 300 € (trescentos euros), un por cada área de coñecemento
  • Traballo de fin de mestrado (TFM): cinco premios de 500 € (cincocentos euros), un por cada área de coñecemento

Página web:

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística da USC

Correo-e: servizo.normalizacion@usc.gal

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión