Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Fene convoca o Concurso de Humor Gráfico e Caricatura “Curuxa do Humor 2026”
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 31/05/2026
Requisitos:
Poderán participar residentes na Península Ibérica (España ou Portugal).
Establécense as seguintes categorías de participación:
Categoría CURUXA: persoas maiores de 25 anos.
Categoría CURUXA-NOVA: persoas de 16 a 25 anos. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.
Categoría CARICATURA: persoas maiores de 16 anos.
Os/as participantes poderán presentar un único debuxo.
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic ou caricatura (no caso de debuxos presentados a esta categoría)
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e non ter sido premiadas anteriormente.
Calquera obra creada total ou parcialmente coa axuda da intelixencia artificial quedará automáticamente excluida do certame.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente (impresión de alta calidade)
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cms (A3)
Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Os traballos deberán estar redactados en galego. Tamén se admitirán traballos redactados en calquera das linguas oficiais do Estado (castelán, catalán, euskera) aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego do texto do debuxo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible