Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

2ª Convocatoria do programa Xeración Talento 2025/2026

Esta convocatoria ten por obxecto desenvolver na UDC o programa Xeración talento, un proxecto promovido e impulsado pola Fundación Princesa de Girona. A finalidade deste programa é o desenvolvemento de competencias para mellorar a empregabilidade do estudantado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/12/2025

Número de prazas:

10

Prezo:

de balde.

Requisitos:

Poderá participar nesta convocatoria o estudantado da UDC que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter unha idade comprendida entre 18 e 30 anos.
  • Ter a cidadanía española ou ser residente en España.  
  • Ter superado, como mínimo, o 50 % dos créditos necesarios para obter o título de grao dunha titulación da UDC na que ten que estar matriculado/a no curso académico 2025/2026, con todos os créditos superados da formación básica.

Páxina web:

www.udc.gal

Contacto:

Emprego UDC (Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade)

Tel: 981 167 000, extensións 3618, 3617, 3616, 2903

emprego.vee@udc.gal

Documentos:

Anucio UDC (pdf) (626 KB)

O programa componse de dous itinerarios formativos para escoller:

  • Itinerario 1: mentoría de orientación profesional + xuntanzas (sprints) formativas (formación en liña) + 2 centros de desenvolvemento. A duración aproximada é de 45 horas e realizarase durante o curso académico 2025/2026.
  • Itinerario 2: mentoría de orientación competencial + xuntanzas (sprints) formativas (formación en liña) + 2 centros de desenvolvemento. A duración aproximada é de 40 horas e realizarase durante o curso académico 2025/2026.
  • Ademais, existen itinerarios flexibles, que se poden realizar por bloques e durante dous anos académicos.  

Pode consultarse información máis detallada sobre o contido e as características do programa na páxina web generaciontalento.org

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión