Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Congreso Xuventude e consumo, novos retos

III Congreso Internacional da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, na sede coruñesa de Afundación (Cantón Grande, 8). O congreso dividirase en sesións de mañá e de tarde, cada unha dedicada a diferentes temas de actualidade: consumo, trastornos alimentarios, sexualidade, fracaso escolar, alcol e drogas e internet e redes sociais. Nelas participarán prestixiosos conferenciantes, relatores e moderadores da nosa comunidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/11/2017 ata o 10/11/2017

Xa rematou

Enderezo:

AFundación. Cantón Grande 8. 15003 A Coruña

Prezo:

gratuíto

Páxina web:

Congreso Xuventude e consumo, novos retos

Organiza:

Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña

Contacto:

Aguamarina, comunicación e eventos

Teléfono: 881 913 278

aguamarinacye@gmail.com

aguamarinacomunicacion.es

8 de novembro:

Consumo

  • 10.00 h. Sesión de apertura
  • 10.30 h. CONFERENCIA: Consumo e xénero: adquisición de estereotipos de xénero na adolescencia
  • 11.15 h. CONFERENCIA: A problemática do consumo en internet: mocidade e comercio electrónico
  • 12.00 h. Pausa.12.30 h. MESA REDONDA
  • 14.00 h. Fin da mesa redonda

Trastornos alimentarios

  • 16.00 h. CONFERENCIA Obesidade, a grande epidemia do século XXI
  • 16.45 h. CONFERENCIA Trastornos do comportamento alimentario, un problema emerxente
  • 17.30 h. Pausa
  • 18.00 h. MESA REDONDA
  • 19.30 h. Fin da primeira xornada

9 de novembro

Sexualidade

  • 10.00 h. CONFERENCIA Riscos da sexualidade. Embarazo non desexado e enfermidades de transmisión sexual
  • 10.45 h. CONFERENCIA Mocidade e métodos anticonceptivos
  • 12.00 h. MESA REDONDA
  • 13.30 h. Fin da mesa redonda

Fracaso, acoso e convivencia escolar

  • 16.00 h. CONFERENCIA Convivencia escolar e identidade dixital
  • 16.45 h. CONFERENCIA Máis aló do fracaso escolar
  • 17.30 h. Pausa
  • 18.00 h. MESA REDONDA
  • 19.30 h. Fin da segunda xornada

10 de novembro

Alcol e drogas

  • 10.00 h. CONFERENCIA Do alcol á burundanga, pasando polo cannabis e o botellón. Por onde orientar a prevención?
  • 10.45 h. CONFERENCIA Alcol e cerebro
  • 12.00 h. MESA REDONDA
  • 13.30 h. Fin da mesa redonda

Internet e redes sociais

  • 16.00 Internet: do bo uso ao abuso. Adicción dixital
  • 16.45 h. CONFERENCIA. Por que nos gusta tanto a rede? Unha mirada desde o propio adolescente
  • 17.30 h. Pausa.
  • 18.00 h. MESA REDONDA
  • 19.30 h. Fin da mesa redonda

A entrada é libre e gratuíta e, se o desexa, pode inscribirse como asistente ao Congreso descargando este boletín e remitíndoo por correo electrónico a aguamarinacye@gmail.com.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión