Este curso en liña e gratuíto impartido pola EOI, enfócase en ensinar programación, algoritmos e estrutura de datos en Python para intelixencia artificial. Está destinado a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.
Para público en xeral
A partir do 7 maio de 2026.
De luns a venres. 4-5 horas diarias. Haberá cursos en horarios de mañá e cursos en horario de tarde.
6 semanas. 130 h. (128 de clase e 2 de titoría)
Gratuíto.
Escola de Organización Industrial
Contido
Desenvolverán os fundamentos da programación aprendendo Python. Aprenderán desde programación básica en Python, ata as estruturas máis complexas de datos, tales como listas, dicionarios, etc. e co fin de poder realizar análise de datos complexos.
Posto que os algoritmos son unha parte fundamental da computación, os estudantes aprenderán o uso e desenvolvemento de algoritmos en Python desde o principio. Aprenderán a usar tipos abstractos de datos así como procuras lineais e binarias para resolver problemas de procura e ordenación en Python.
Finalmente, os alumnos aprenderán procesamiento e visualización de datos usando Python. O procesamiento de datos require de coñecementos básicos en matemáticas.
Mentres aprenden a programar en Python, os estudantes tamén experimentarán a planificación de programas (pseudocódigo e diagrama de fluxo), a aprendizaxe baseada en proxectos e a programación en parellas. Esta experiencia de aprendizaxe axuda aos estudantes para mellorar, tanto as súas habilidades interpersoais, como a resolución de problemas e a colaboración.
Metodoloxía
As clases desenvolveranse en formato en liña. O alumnado apoiarase nos materiais facilitados polos profesores aplicando a metodoloxía Learning by Doing.
Durante o curso crearanse exercicios nos diferentes módulos que permitirá ao alumnado dotarse dos coñecementos.
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible