Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso teórico-práctico para a protección fronte ao acoso no traballo (15 h)

Formación da Xunta de Galicia. Este curso, gratuíto, permitirá ás persoas participantes, afondar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo, así como sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/05/2026 ata o 26/06/2026

Inscricións:

Ata o 22/05/2026

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

https://aigualdadelaboral.gal/

Contacto:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Xunta de Galicia

https://012.xunta.gal/portada

Que inclúe este curso?

  • A normativa en materia de acoso no traballo, con especial referencia ao convenio 190 da OIT
  • Os distintos tipos de acoso que poden darse nunha relación de traballo: acoso sexual, acoso por razón de sexo, acoso discriminatorios (con especial atención ao acoso por razón de sexo e por razón de orientación sexual e/ou expresión de xénero) e acoso moral ou mobbing.
  • As obrigacións das empresas de prevención e protección fronte ao acoso laboral
  • A protección e dereitos das vítimas do acoso laboral

Modalidade

O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronas e asíncronas.

A duración do curso será de 15 horas e este se adecúa á seguinte estrutura:

  • Módulo teórico (6 h)
  • Módulo práctico (9 h)

Inscrición

Formulario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión