Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Escola de Participación

O Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición da Escola de Participación, un programa formativo gratuíto de cursos e obradoiros dirixidos ao tecido asociativo, ao voluntariado municipal e aberto tamén a toda a cidadanía que queira reforzar os seus coñecementos en participación e vida comunitaria. A iniciativa desenvolverase entre finais de novembro e mediados de decembro en distintos espazos municipais, con prazas limitadas en cada acción formativa.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 20/11/2025

Ata completar as prazas dispoñibles en cada acción formativa e cada grupo

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/

Contacto:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

participacion@coruna.gal

Documentos:

Programa completo Escola de Participación (PDF) (281 KB)

O programa combina formación para o tecido asociativo, o voluntariado e a cidadanía en xeral con accións sobre xestión, subvencións, accesibilidade, emerxencias e benestar emocional.

Programación

  • Xestión de asociacións sen ánimo de lucro | 3 de decembro | 17.30-20.30 h | Centro Cívico do Birloque | 20 prazas
  • Obradoiro técnico sobre subvencións | 11 de decembro | 18.00-20.00 h | Centro Cívico da Cidade Vella | 20 prazas
  • Obradoiro sobre normativa e prevención en eventos en espazo público | 4 de decembro | 18.00-20.00 h | Centro Cívico da Cidade Vella | 20 prazas
  • Curso básico de voluntariado (online) | Datas flexibles | 5 h | 25 prazas
  • Lingua de signos básica (presencial) | 25 e 27 de novembro, 2, 4, 9 e 11 de decembro | 17.00-19.30 h | CC do Birloque | 20 prazas
  • Lingua de signos básica (online) | Datas flexibles | 30 h | 30 prazas
  • Obradoiro sobre uso da intelixencia artificial | 10 de decembro | 17.30-20.30 h | Centro Cívico da Cidade Vella | 20 prazas
  • Curso básico de primeiros auxilios (semipresencial) | Sesión presencial 15 de decembro, 16.00-21.00 h | Centro de Formación Cruz Vermella (r/ Médico Devesa Núñez, 1) | 25 prazas
  • Primeiros auxilios en mascotas | 12 de decembro | 17.00-20.00 h | Centro Cívico da Cidade Vella | 20 prazas
  • Actuación en situacións de emerxencia | 1 e 10 de decembro | 17.30-20.00 h | CC Cidade Vella / Ágora | 20 prazas por grupo
  • Sesión informativa sobre emerxencias climáticas (online) | 9 de decembro | 17.00-19.00 h | 50 prazas
  • Iniciación á meditación e mindfulness | 25 e 27 de novembro, 2 de decembro | 18.00-20.00 h | Centro Cívico da Cidade Vella | 25 prazas
  • Da IA á IE (obradoiro para mocidade 16-30 anos) | 10 de decembro | 19.00-20.15 h | Espazo Xuvenil Remanso | 15 prazas

Inscricións

Para formalizar a inscrición será preciso completar o formulario específico, aportando os datos persoais e indicando os cursos e/ou obradoiros nos que se desexa participar:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición e abriranse listaxes de espera.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión