O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) acolle un ciclo de talleres onde nenos e mozos explorarán a electrónica e a programación mediante proxectos prácticos con software libre e materiais reutilizados, fomentando o pensamento crítico e a sustentabilidade.
Para público en xeral
Os sábados 25 de abril, 23 de maio e 20 de xuño de 2026.
Ás 12:00h
Gratuíta con reserva previa ou en despacho de billetes
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña
Tel.: 689 578 727
Ciclo de talleres, dirixidos a público familiar, nos que se realizarán proxectos de electrónica e programación. Os proxectos levarán a cabo con software libre ou se fabricarán en gran medida con aparellos que permiten a súa reutilización, para entender o porqué do seu funcionamento e fomentar o pensamento crítico e a sustentabilidade. O educador, ao comezo de cada sesión presenta unha curiosidade científica, tecnolóxica ou artística relacionada co taller e, durante o proceso, daranse nocións sobre o funcionamento da electrónica implicada dependendo do proxecto (servomotores, relación sensor-actuador propia da robótica, etc.) ou a lóxica da programación.
Talleres deseñados e impartidos por M8factorial!, centro de formación para nenos e adolescentes especializado en programación e robótica que promove o software libre, a innovación tecnolóxica e a reutilización de materiais.
Deseño e programación do videoxogo "Salvemos a Biblioteca de Alexandría"
25 de abril.
Actividade en torno ao Día do Libro na que o personaxe debe colleitar todos os libros antes de que se inicie o incendio na biblioteca. Tras unhas nocións básicas sobre a lóxica da programación, debuxaranse un personaxe e algúns libros con píxeles no programa de deseño GIMP e logo programarase, coa axuda dunha biblioteca creada para a creación de videoxogos, un pequeno código na linguaxe de programación Python.
Construción dun telégrafo
23 de maio
Para lembrar as primeiras emisións de Samuel Morse en maio de 1844, neste taller, presentaremos algúns dos sistemas de transmisión máis coñecidos e analizaremos as diferenzas entre a codificación e o cifrado de información. A continuación, desenvolverase o proxecto: construción dun telégrafo e a súa conexión a un receptor electrónico encargado de ler o código Morse e transformalo en texto. O texto mostrarase nunha pantalla LED. Para probalo, utilizaremos unha táboa de representación do código Morse para practicar.
Construción dunha mesa de composición musical electrónica
20 de xuño
En torno ao Día Europeo da música, realizaremos un proxecto de música electrónica. Durante o proceso, explicarase a relación das matemáticas coa música (altura tonal, intensidade sonora, timbre etc.) e farase unha visualización con escoita das formas de onda de distintas fontes sonoras.
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible