Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Obradoiro "Aprende a usar un planisferio celeste"

A Biblioteca do Fórum Metropolitano acolle o Obradoiro "Aprende a usar un planisferio celeste" a cargo de Martin Pawley.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/03/2026

Horario:

De 19 a 20 h

Prezo:

Acceso libre até completar cabida.

Páxina web:

coruna.gal

Organiza:

Organizado pola Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, e coa colaboración da Agrupación Astronomia Coruñesa Ío. 

Contacto:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

Calle Río Monelos nº1

15006 - A Coruña

Tel: 981 184 298

E-correo: bforum@coruna.gal

RESUMO:

Actividade na que as persoas asistentes levarán un planisferio de agasallo e aprenderán a usalo para recoñecer con el as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que acontecerá na Coruña o 12 de agosto de 2026.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador de festivais e produtor, cunha ampla traxectoria na divulgación científica, especialmente en temas relacionados coa contaminación lumínica. Coordinador do grupo de traballo sobre contaminación lumínica da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, colaborou en múltiples iniciativas de divulgación, incluíndo conferencias, artigos en revistas científicas como Astronomía. Tamén foi programador da Mostra de Ciencia e Cinema na Coruña e participou na produción de documentais científicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión