A Biblioteca do Fórum Metropolitano acolle o Obradoiro "Aprende a usar un planisferio celeste" a cargo de Martin Pawley.
Para público en general
09/03/2026
De 19 a 20 h
Acceso libre até completar cabida.
Organizado pola Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, e coa colaboración da Agrupación Astronomia Coruñesa Ío.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
Calle Río Monelos nº1
15006 - A Coruña
Tel: 981 184 298
E-correo: bforum@coruna.gal
RESUMO:
Actividade na que as persoas asistentes levarán un planisferio de agasallo e aprenderán a usalo para recoñecer con el as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que acontecerá na Coruña o 12 de agosto de 2026.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador de festivais e produtor, cunha ampla traxectoria na divulgación científica, especialmente en temas relacionados coa contaminación lumínica. Coordinador do grupo de traballo sobre contaminación lumínica da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, colaborou en múltiples iniciativas de divulgación, incluíndo conferencias, artigos en revistas científicas como Astronomía. Tamén foi programador da Mostra de Ciencia e Cinema na Coruña e participou na produción de documentais científicos.
Hasta el 26/03/2026
a las 12:00h.
Desde el 05/03/2026
ata esgotar as prazas.
Hasta el 10/03/2026
a las 15:00 horas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible