A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda acollerá este mes un obradoiro cartoneiro organizado polo colectivo "Coser a ferida" e a editora "Nomelibro Nilointento" para apoiar ao pobo palestino a través da literatura.
Para público en xeral
05/12/2025
ás 19.00 h.
12 €
inscrición previa en https://acalexandreboveda.gal
A.C. Alexandre Bóveda
Rúa San Andrés, 36, 1º, Edificio do Circo de Artesáns (15003 - A Coruña)
tel.: 981 200 869
correo-e: info@acalexandreboveda.gal
Baixo o título "Poesía en Gaza", o colectivo "Coser a ferida", formado por Inma Doval e Emma Pedreira, e a editora cartoneira "Nomelibro Nilointento" únense para impartir un taller no que se pintará a cuberta e se encadernará artesanalmente a antoloxía poética "Un sexto dedo en cada man", un libro que recolle os versos do poeta palestino Nasser Rabah, traducidos ao galego por Emma Pedreira.
As persoas participantes levarán o seu exemplar do libro, manufacturado na pripia sesión, e o importe recadado irá destinado ao autor, que se atopa actualmente vivindo nun campo de refuxiados.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible