A Fundación Luis Seoane abre o prazo de inscrición para o obradoiro de escritura "O diálogo literario", coordinado polo escritor Fernando Ontañón, que ten como obxectivo unha das ferramentas fundamentais na escritura literaria, os diálogos.
Para público en xeral
Dende o 29/04/2026 ata o 01/07/2026
os mércores de 19:30 a 21:30 h.
Todas as sesións realizaranse co grupo na propia Fundación Luis Seoane. Só o coordinador do obradoiro conectarase en remoto nas sesións online.
100 €
Inscrición previa (prazas limitadas)
Fundación Luis Seoane
R/ San Francisco, 27 (15001 A Coruña)
Tel.: 981 216 015
correo-e: info@fundacionluisseoane.gal
O obradoiro busca explorar as diferentes formas do diálogo e practicar como e cando utilizalos en función do estilo, o ritmo e a intención dos textos. Pero tamén indagar nese outro diálogo que se establece entre a persoa que escribe e a que le, sen esquecer do que cada escritor mantén consigo mesmo, coa súa obra e coa literatura.
Lectura de apoio: "Ex libris. Confesiones de una lectora", de Anne Fadiman.
Dende o 20/04/2026 ata o 05/05/2026
Dende o 24/04/2026 ata o 18/07/2026
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible