Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

8 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Preguntas ao clima. Visitas-taller á Colección de Arte da FMJJ en familia

    Imaxe da celebración da mesma actividade no pasado.

    Cando:

    O 24 de outubro e 12 de decembro de 2026, e o 20 de febreiro e 10 de abril de 2027.

    O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza «Preguntas ao clima», unha visita-taller dirixida a familias que convida a descubrir, a través das obras da Colección Permanente, como as persoas e outros animais adáptanse a distintos climas e afrontan desafíos como a calor, a falta de auga e os cambios na contorna.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    portada do folleto da axenda de outubro: Explora, Descobre, Crea

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 31/10/2026

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de outubro, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

  • Obradoiro de encadernación cruzada

    Persoa encadernando

    Cando:

    Dende o 20/10/2026 ata o 22/10/2026

    Inscricións:

    Dende o 09/10/2026

    A biblioteca pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro no que as persoas participantes aprenderán a técnica de encadernación cruzada.

  • Programa de educación ambiental "Mundos agochados"

    Cartel do programa

    Cando:

    De outubro de 2026 até xuño de 2027 (Distintas datas dependendo da actividade).

    "Mundos agochados" é o novo programa de educación ambiental do CEIDA, que convida a achegarse á natureza de proximidade e a descubrir a biodiversidade que habita nas nosas contornas cotiáns.

  • Obradoiro de escritura "Menos é máis" na Fundación Luis Seoane

    Cartaz do obradoiro.

    Cando:

    Os mércores 14 e 21 de outubro, 4 e 18 de novembro, e 2 e 16 de decembro.

    A Fundación Luis Seoane organiza «Menos é máis», un obradoiro de escritura creativa coordinado polo escritor Fernando Ontañón que invita a depurar o estilo e explorar unha escritura máis clara, sinxela e literaria. A partir da lectura e análise de «Ay, William», da autora estadounidense Elizabeth Strout, as persoas participantes traballarán sobre as claves dunha narrativa baseada en palabras precisas, historias próximas e diálogos veraces.

  • Recyclos- taller autorreparación de bicicletas

    Cartel informativo

    A Asociación por unha mobilidade responsable, ofrecen un taller social autoxestionado -Recyclos- de uso gratuíto para calquera persoa asociada ou non. Este servizo, trátase dun espazo de aprendizaxe e apoio técnico no que ti participas activamente nas tarefas de mantemento e reparación da túa propia bicicleta contando coa axuda dunha persoa que che dá soporte no que debes facer.

  • Actividades no Circo de Artesáns

    Cartel das actividades.

    Cando:

    Setembro 2026 - xuño 2027.

    O Circo de Artesáns abre as inscricións para as clases de teatro, karate e labores.

  • En xogo, aceptas o reto?

    taboleiro, ficha e dados dun xogo de mesa

    Cando:

    Dende o 05/10/2026 ata o 27/05/2027, os xoves

    Inscricións:

    Dende o 01/09/2026 ata o 03/05/2027

    A Fundación María José Jove organiza "En Xogo", un espazo para mozos/as de 12 a 16 anos, onde cada xoves se converte nunha nova aventura. Un lugar para coñecer xente, compartir momentos, descubrir xogos, superar retos e darlles forma ás túas ideas.

resultados 8

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión