Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

11 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Escola de Participación

    Cartel do programa.

    Cando:

    Outubro - Novembro 2026.

    O Servizo de Participación Cidadá e Innovación do Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición da Escola de Participación, cun programa de cursos e obradoiros gratuítos para apoiar e fortalecer o tecido asociativo e ofrecer novos espazos de aprendizaxe á cidadanía da Coruña.

  • Ciclo Dereito e Criminoloxía

    elementos dun crime

    A aula UNED Ferrol organiza varios cursos enmarcados no "Ciclo Dereito e Criminoloxía". Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

  • Ciclo Mediación

    Ciclo Mediación 2026-2027 UNED A Coruña

    O Ciclo de Mediación do Centro UNED A Coruña é un programa formativo recoñecido polo Ministerio de Xustiza que ofrece formación teórico e práctica. Consta dos seguintes 5 módulos: - Iniciación á Mediación: Teoría e Práctica. - Mediación no Ámbito Civil, Mercantil e Familiar. - Mediación no Ámbito Educativo. - Xustiza Restaurativa. Mediación nos ámbitos Penal e Comunitario. Prácticas Restaurativas. - Prácticas de Mediación. * Podes elixir a asistencia presencial ou a asistencia en liña en directo ou en diferido.

  • Autoconcepto, autoestima e regulación emocional. Estratexias de autocuidado efectivas, críticas e realistas

    Infante mirándose ao espello

    Cando:

    Dende o 04/12/2026 ata o 18/12/2026

    Os días 4, 11, 14 e 18 de decembro.

    Inscricións:

    • A matrícula para o seguimento en directo (tanto presencialmente como en liña) pecharase ás 15.00 h. do día de celebración da última sesión do curso.
    • A matrícula para o seguimento en diferido pecharase, como mínimo, 7 días antes da data límite de entrega das actividades de avaliación do curso.

    O curso poderase seguir de forma presencial, en liña en directo ou en diferido, cunha duración de 20 h.

  • Curso de formación básica en voluntariado

    Mans de cores

    Cando:

    Dende o 23/10/2026 ata o 24/10/2026

    Inscricións:

    É precisa inscrición previa.

    A Universidade da Coruña, a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado, organiza un curso de formación básica en voluntariado. Levarase a cabo no Centro Universitario de Riazor.

  • Palabras contra a dor: Aprender dos clásicos para a superación da ansiedade, a depresión e o risco de suicidio

    Escultura dunha muller lendo

    Cando:

    Dende o 27/10/2026 ata o 01/12/2026

    • 27 de outubro
    • 3, 10, 17 e 24 de novembro
    • 1 de decembro

    O curso poderá seguirse de forma presencial no Centro UNED A Coruña, en liña en directo (streaming) e en diferido, cunha duración de 20 horas.

  • Programa de educación ambiental "Mundos agochados"

    Cartel do programa

    Cando:

    De outubro de 2026 até xuño de 2027 (Distintas datas dependendo da actividade).

    "Mundos agochados" é o novo programa de educación ambiental do CEIDA, que convida a achegarse á natureza de proximidade e a descubrir a biodiversidade que habita nas nosas contornas cotiáns.

  • Superheroes: hermenéutica, filosofía e mito - UNED

    Infografía con varios superheroes.

    Cando:

    Dende o 05/10/2026 ata o 02/11/2026, os luns

    Inscricións:

    • Matrícula seguimento en DIRECTO: ás 09.00 h do día da última sesión do curso.
    • Matrícula seguimento DIFERIDO: a semana previa á data dos exames de certificación.

    Formación de Extensión Universitara de UNED Coruña. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.

  • Que di o teu can?: linguaxe corporal e comunicación canina

    Fotografía dun can.

    Cando:

    Dende o 14/10/2026 ata o 15/10/2026

    Formación impartida pola Extensión Universitaria da UNED de Lugo. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

  • Coreano Básico para principiantes II-UNED

    Cartel do curso.

    Cando:

    Dende o 14/10/2026 ata o 30/11/2027, os luns e mércores

    Estas formacións baseadas nas técnicas de aprendizaxe, xunto co estudo da cultura coreana, permitirán unha aprendizaxe máis completa da linguaxe a través dos seus protocolos culturais. Podes participar en liña en directo ou en diferido.

resultados 11

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión