Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería do Mar convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para
a obtención das titulacións de patrón/patroa para navegación básica, patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate, capitán/capitá de iate, patrón/patroa de moto náutica A e patrón/patroa de moto náutica B.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Convocatoria de maio: 26 de marzo - 10 de abril. Convocatoria de setembro: 03 - 14 de agosto.
Prezo:
Exames teóricos:
Patrón/patroa para navegación básica: 31,92 €.
Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 41,09 €.
Patrón/patroa de iate: 57,57 €.
Capitán/capitá de iate: 69,85 €.
Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 31 €.
Exames prácticos:
Patrón/patroa para navegación básica: 79,76 €.
Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 79,76 €.
Patrón/patroa de iate: 119,66 €.
Capitán/capitá de iate: 119,66 €.
Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 89,82 €.
Requisitos:
Para obter as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate, as persoas interesadas deberán ter cumpridos os 18 anos no momento en que se realicen as probas.
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos no momento de realización das probas, sempre que o acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Título de patrón/patroa para navegación básica, para poder presentarse á parte complementaria do exame teórico para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer.
Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate.
Título de patrón/patroa de iate, para as persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PE616C
Convocatoria de maio de 2026. Matrícula: do 26 de marzo ao 10 de abril, ambos inclusive.
Patrón/patroa para navegación básica. Exame teórico: 11 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Patrón/patroa de embarcacións de lecer. Exame teórico: 12 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Patrón/patroa de iate. Exame teórico: 13 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Capitán/capitá de iate. Exame teórico: 14 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Patrón/Patroa de moto náutica A ou B. Exame teórico: 15 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Convocatoria de setembro de 2026. Matrícula: do 3 ao 14 de agosto, ambos inclusive.
Patrón/patroa para navegación básica. Exame teórico: 7 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Patrón/patroa de embarcacións de lecer. Exame teórico: 8 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Patrón/patroa de iate. Exame teórico: 9 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Capitán/capitá de iate. Exame teórico: 10 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible