Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Exames para a obtención de titulacións náuticas

A Consellería do Mar convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións de patrón/patroa para navegación básica, patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate, capitán/capitá de iate, patrón/patroa de moto náutica A e patrón/patroa de moto náutica B.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Convocatoria de maio: 26 de marzo - 10 de abril.  Convocatoria de setembro: 03 - 14 de agosto.

Precio:

Exames teóricos:

  • Patrón/patroa para navegación básica: 31,92 €.
  • Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 41,09 €.
  • Patrón/patroa de iate: 57,57 €.
  • Capitán/capitá de iate: 69,85 €.
  • Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 31 €.

Exames prácticos:

  • Patrón/patroa para navegación básica: 79,76 €.
  • Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 79,76 €.
  • Patrón/patroa de iate: 119,66 €.
  • Capitán/capitá de iate: 119,66 €.
  • Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 89,82 €.

Requisitos:

  • Para obter as titulacións de patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate e capitán/capitá de iate, as persoas interesadas deberán ter cumpridos os 18 anos no momento en que se realicen as probas.
  • O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos no momento de realización das probas, sempre que o acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
  • Título de patrón/patroa para navegación básica, para poder presentarse á parte complementaria do exame teórico para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer.
  • Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate.
  • Título de patrón/patroa de iate, para as persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate. 

Página web:

https://mar.xunta.gal/gl

Contacto:

Consellería do Mar. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños. 15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 139

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Avenida Beiramar, 55. 36202 Vigo. Teléf. 886 11 08 25 / 886 11 08 26

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Rúa 19 de febreiro, 30-34. 15405 Ferrol. Teléf. 881 93 82 12 / 881 93 82 13

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Rúa dos Estudantes, 7. 15960 Ribeira. Teléf. 881 86 63 17 / 881 86 63 24

Publicación: DOG 24/02/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PE616C

Convocatoria de maio de 2026. Matrícula: do 26 de marzo ao 10 de abril, ambos inclusive.

  • Patrón/patroa para navegación básica. Exame teórico: 11 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
  • Patrón/patroa de embarcacións de lecer. Exame teórico: 12 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugares:  Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
  • Patrón/patroa de iate. Exame teórico: 13 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
  • Capitán/capitá de iate. Exame teórico: 14 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
  • Patrón/Patroa de moto náutica A ou B. Exame teórico: 15 de maio. Exame práctico: 15 de maio. Lugar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Convocatoria de setembro de 2026. Matrícula: do 3 ao 14 de agosto, ambos inclusive.

  • Patrón/patroa para navegación básica. Exame teórico: 7 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
  • Patrón/patroa de embarcacións de lecer. Exame teórico: 8 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
  • Patrón/patroa de iate. Exame teórico: 9 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugares: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
  • Capitán/capitá de iate. Exame teórico: 10 de setembro. Exame práctico: 11 de setembro. Lugar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión