Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
3 operarios-peóns ou operarias-peoas no Concello de Sada
O Concello de Sada convoca procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida pola Deputación da Coruña (programa Pel-Concellos 2026). O sistema selectivo será o de concurso-oposición.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 27/04/2026
Requisitos:
Nacionalidade española ou nacional doutro Estado membro da Unión Europea, sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP respecto aos estranxeiros.
Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Non se esixe requisito de titulación.
Ser demandantes de emprego inscritos como desempregados no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Reunir polo menos un dos seguintes requisitos:
Muller
Persoas maiores de 45 anos
Persoas menores de 30 anos
Persoa desempregada de longa duración (mínimo dun ano inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego).
Persoas con discapacidade: aquelas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
Persoas en situación de drogodependencia
Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego
Persoas con fogar monoparental
Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais
Persoas vítimas de violencia de xénero
Persoas sen fogar
Estar en posesión do título de acreditación do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 2 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible