Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
3240 prazas da Escala de Cabos e Gardas da Garda Civil
O Ministerio de Defensa convoca probas selectivas para o ingreso por acceso directo, polo sistema de concurso-oposición, nos centros docentes de formación da Garda Civil para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/05/2026
Prezo:
Taxa de 11,66 euros, con carácter xeral (consultar exencións e bonificacións no texto de convocatoria).
Requisitos:
Posuír a nacionalidade española.
Non estar privado dos dereitos civís.
Carecer de antecedentes penais.
Non acharse incurso nalgún procedemento xudicial por delito doloso como procesado, investigado xudicialmente ou acusado con declaración de apertura de xuízo oral correspondente.
Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas nin acharse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
Ter cumpridos 18 anos de idade no ano 2026 e non superar durante o ano 2026 a idade de 40 anos (non cumprir nin cumprir durante o ano 2026 a idade 41 anos).
Posuír a aptitude psicofísica necesaria para cursar os respectivos plans de estudos, que será acreditada mediante a superación do recoñecemento médico e as probas que se determinen na convocatoria.
Cumprir algún dos requisitos seguintes:
Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
Estar en posesión do título de Técnico Básico ou de Técnico.
Superar unha oferta formativa de Grao C incluída no ciclo formativo.
Superar un curso de formación específico preparatorio e gratuíto para o acceso a ciclos formativos de grao medio en centros expresamente autorizados pola Administración educativa.
Superar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior, ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Cumprir algún dos requisitos esixidos no Sistema Educativo Español para acceder aos ensinos conducentes a ciclos formativos de Formación Profesional de Grao Superior.
Adquirir o compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas.
Estar en posesión do permiso de condución da clase B.
1296 prazas para militares profesionais de tropa e mariñeiría das Forzas Armadas que leven como mínimo cinco anos de servizos efectivos como tales e que non finalizasen o seu compromiso coas Forzas Armadas, na data que finalice o prazo de admisión de instancias.
240 prazas para os alumnos do Colexio de Gardas Novos.
1704 prazas libres.
As prazas reservadas para militares profesionais de tropa e mariñeiría e alumnos do Colexio de Gardas Novos que non sexan cubertas por calquera motivo, acumularanse á cota de prazas libres.
Proceso selectivo:
A fase de concurso consistirá na valoración dos méritos.
A fase de oposición constará das seguintes probas:
Coñecementos teórico-prácticos, que á súa vez consta de: Ortografía. Gramática. Coñecementos xerais. Lingua inglesa.
Psicotécnica, que se compón de: Aptitudes intelectuais. Perfil de personalidade.
Aptitude psicofísica, que se divide en: Probas físicas. Entrevista persoal. Recoñecemento médico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible