Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de emprego para postos de encargado/a de recepción, recepcionistas e monitores-socorristas no Concello de Noia

Procesos selectivos para a formación de bolsas de emprego para a provisión temporal de postos de traballo das categorías de encargados/as de recepción e recepcionistas, mediante o sistema de concurso-oposición, e de monitores-socorristas, polo sistema de oposición, adscritos á piscina municipal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/12/2025

Prezo:

Taxa de 14,94 €.

Requisitos:

  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación forzosa.
  • Nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no suposto de acceso ao emprego público de nacionais doutros países.
  • Certificado de lingua galega CELGA 2, curso de iniciación á lingua galega, ou a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado, título equivalente ou validación, as persoas aspirantes deberán superar a proba.
  • Encargado/a de recepción e Recepcionista da piscina municipal:
    • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Graduado Escolar ou equivalente.
  • Monitor/a socorrista de piscina:
    • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Graduado Escolar ou equivalente.
    • Titulacións previstas no Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 43/2023, de 4 de maio, para os socorristas en instalacións acuáticas.
    • Estar inscrito/a no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia, sección de socorristas en instalacións acuáticas, ou ter solicitada a inscrición na data de finalización de presentación de instancias. Dita inscrición non poderá ter unha antigüidade superior aos catro anos ou deberá estar renovada. No suposto de terse solicitado a inscrición, deberá achegarse documentación acreditativa de posuír a formación mínima esixida.

Páxina web:

https://concellodenoia.gal/

Contacto:

Concello de Noia

Rúa Rosalía de Castro, nº 2, 15200- Noia (A Coruña)

Teléfono 981 84 21 00

Encargado/a recepción e recepcionistas: BOP 27/11/2025

Monitores-socorristas: BOP 27/11/2025  

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión