Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas de Profesor/a de música, Delineante, Operario/a e Auxiliar de axuda no fogar no Concello de Ribeira

O Concello de Ribeira convoca procesos selectivos para a cobertura en propiedade dunha praza de Profesor/a de música na especialidade de pedagoxía, unha praza de Delineante, unha praza de Operario/a de xardíns e unha praza de Auxiliar de axuda no fogar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 27/04/2026

Requisitos:

  • Profesor/ de múcica: 
    • Título Superior de Música, especialidade Pedagoxía, ou Título de Graduado/a en Música, especialidade Pedagoxía, ou Título de Profesor/a Superior dalgunha especialidade instrumental con maxisterio musical.
    • Celga 4 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
  • Delineante:
    • Título de formación profesional como técnico/a superior en proxectos de edificación ou proxectos de obra civil (título LOE) ou técnico/a superior en desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción ou en desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas (titulo LOGSE) ou equivalentes, 
    • Celga 4 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
  • Operario/a de xardíns:
    • Certificado de escolaridade ou equivalente.
    • Celga 1 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
    • Permiso de conducir da clase B.
  • Auxiliar de axuda no fogar: 
    • Certificado de escolaridade ou equivalente. 
    • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ou título equivalente de técnico/a de Atención Sociosanitaria, ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería ou os títulos equivalentes de Técnico/a Auxiliar de Clínica, Técnico/a Auxiliar Psiquiatría e Técnico/a Auxiliar de Enfermaría ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. Técnico/a superior en Integración Social, ou o título equivalente de técnico/a superior en Integración Social. Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
    • Estar en posesión do Celga 1 ou equivalente. No seu defecto, a persoa aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica.
    • Estar en posesión do permiso de conducir da clase B.

Páxina web:

www.ribeira.gal

Contacto:

Concello de Ribeira

Praza do Concello s/n 15960 Ribeira (A Coruña)

Tlf: 981 83 54 17

Publicación: 

Profesor/a música: BOP 24/02/2026

Delineante: BOP 24/02/2026 

Operario/a de xardíns BOP 24/02/2026

Auxiliar de axuda no fogar BOP 24/02/2026

BOE 06/04/2026

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión