Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

157 resultados

  • XXX Feira dás Marabillas 2026

    Cartel Feira dás Marabillas

    Cando:

    Dende o 22/07/2026 ata o 26/07/2026

    Volve a XXX Feira dás Marabillas á nosa cidade, con concertos en vivo, postos de artesanía, gastronomía galega e espectáculos para todos os públicos.

  • Roteiro da Memoria

    Cartel da ruta. Xornal antigo

    Cando:

    18/07/2026

    A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza un roteiro mariño que comeza fronte ao antigo cárcere e transcorrerá os lugares da Memoria até o peirao de Santo Amaro. Alí collerase o barco para facer un paseo mariñeiro até a Dársena e rematarase coa actuación musical de Axeitadiñas, da A.C. Donaire, na fachada portuaria do Rosalía.

  • 3 prazas de Administrativo/a no concello de Fene

    persoa xestionando papeleo

    O concello de Fene convoca un proceso selectivo para a cobertura, por oposición libre e mediante persoal funcionario de carreira, de dúas vacantes de administrativo/a e unha adicional.

  • Convocatoria CRETUS _8/2006 - USC

    Fotografía dun laboratorio.

    O obxecto da convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da convocatoria.

  • I Certame de Relatos Curtos "O Remanso" - Ciencia ficción

    Cartel do certame.

    O Espazo Xuvenil O Remanso convoca este concursos no que o tema será "Astronomía, o eclipse solar total na cidade de A Coruña".

  • AFDP0109 - Socorrismo en instalacións acuáticas (piscinas)

    Cartel da formación.

    Cando:

    Dende o 05/10/2026 ata o 17/02/2027

    Formación gratuíta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, dirixido principalmente a persoas desempregadas (admite persoas ocupadas).

  • AFDP0209 - Socorrismo en espazos acuáticos naturais

    Cartel da formación.

    Cando:

    Dende o 05/10/2026 ata o 03/03/2027

    Formación gratuíta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, dirixido principalmente a persoas desempregadas (admite persoas ocupadas).

  • Premios Nacionais de Mocidade 2026

    Logo dos premios .

    O Instituto da Mocidade (INJUVE) convoca os Premios Nacionais de Mocidade para o ano 2026, cos que busca apoiar e recoñecer o labor daquelas persoas novas que se dedican a tentar cambiar o mundo. Estes premios queren visibilizar o esforzo e compromiso de mozos que, co seu traballo e dedicación persoal, están a marcar a diferenza en distintos ámbitos da nosa sociedade.

  • 4 bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega

    Panorámica da cidade de Compostela

    O Consello da Cultura Galega convoca catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade

  • VI Premios literarios Pinto e Maragota 2026

    Cartel do certame con peixes de cores

    Cando:

    ata o 02/08/2026

    Ás 23:59 h.

    O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a VI Edición do Certame Literario “Pinto e Maragota” para visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

resultados 157

Chinchetas nun calendario.

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión