Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
199 resultados

Dende o 07/04/2026 ata o 16/06/2026, os martes
Programa da Fundación Mujeres destinado a mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes en A Coruña.

Ao longo do ano poden realizarse varias edicións de cada acción formativa.
Programación de cursos de formación para o emprego do Centro Municipal de Emprego da Coruña para o ano 2026.

Formación gratuíta destinada a persoas desempregadas.

A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026, con formación no ámbito do voluntariado e xuventude.

13/04/2026
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza, no Fórum Metropolitano, a proxección do documental "Reflexos do amor escuro".

Fins de semana desde o 13 de marzo ata o 13 de setembro.
A Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en espazos naturais. Esta iniciativa ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, en colaboración co Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (CIXUG), convocan a 9ª edición de Xuventude Mentoring, un programa integral de formación e mentoring promovido para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao, de formación profesional superior ou estudos superiores en ensinanzas de réxime especial.

Dende o 06/04/2026
ata fin de curso
O club de fútbol Rosalía Mera organiza unhas xornadas de portas abertas para as persoas interesadas en practicar este deporte.

11/04/2026
A Asociación Deportiva Cultural Bombeiros Coruña abre as inscriciós para una nova edición do Trail e Andaina que se realizará en abril pola contorna dos montes de Mesoiro-Feans, unha proba que ten como obxectivo desfrutar da natureza, ben sexa de maneira competitiva na carreira trail ou de xeito non competitivo na andaina.

Dende o 18/05/2026 ata o 21/05/2026
A aula UNED Ferrol organiza leste curso-taller traballaranse contidos relacionados á ansiedade e a tensión, a relaxación e a conciliación do soño, entre outros. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
resultados 199
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible