Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
222 resultados

Dende o 19/12/2025 ata o 08/01/2026
Os tres museos científicos coruñeses, Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, organizan unha serie de actividades para gozar durante as vacacións escolares de Nadal.

19/12/2025
O Cineclub Bóveda, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, programa na súa sesión mensual de cinema a película "Eolomea" (1972), do director da alemán Herrmann Zschoche, unha fantasía espacial que serve para reflexionar sobre problemas cotiáns da sociedade na Terra.

Zenda Libros, en colaboración con Iberdrola, organiza a 10ª edición do seu concurso de relatos ambientados no Nadal, cuxo xurado estará formado polos escritores Juan Gómez-Xurado, Espido Freire, Paula Izquierdo e Leandro Pérez Miguel.

A Fundación Pintor Xullo Visconti de Guadix (Selecta) convoca a 10ª edición do seu Certame de Relatos.

Proceso selectivo, por concurso-oposición, para cubrir 161 prazas na Escala de Médicos Inspectores do Corpo de Inspección Sanitaria de laAdministración da Seguridade Social. Do total das prazas reservaranse 13 para ser cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual osuperior ao 33 por 100.

15/12/2025
A AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, na Biblioteca do Fórum Metropolitano, a presentación do libro "Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina" de Ilian Pappé.

Publicada a nova convocatoria de obradoiros e actividades socioculturais que se realizarán de xaneiro a maio de 2026 nos centros cívicos municipais, con oferta específica para público infantil, xuvenil, interxeracional e para persoas maiores.

Vulcanus en Xapón é un programa para a realización de prácticas industriais en Xapón para estudantes de enxeñería ou outros campos científicos.

Procesos selectivos para cubrir 6 prazas de Traballador/a Social polo sistema de concurso-oposición (1 praza en quenda reservada a personas con discapacidade), e 14 prazas de Administrativo/a, polo sistema de oposición (1 praza pola quenda reservada a persoas con discapacidade).

A Universidade da Coruña, como actividade de extensión universitaria e por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, convoca a IV edición do certame "Cóntame a túa investigación!2, coa finalidade de promover entre o seu alumnado as habilidades de comunicación e divulgación da ciencia.
resultados 222
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible