Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

222 resultados

  • San Silvestre 2025

    Cartel San Silvestre.

    Cando:

    31/12/2025

    O Club Deportivo Rialto, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza un ano máis a San Silvestre, a carreira máis divertida do ano que discurre por diversos lugares emblemáticos da cidade.

  • 1 praza de profesor/a de composición do Concello de Viveiro

    corpos de 2 persoas agachadas sinalando partituras musicais espalladas polo chan

    O Concello de Viveiro convoca proceso selectivo para a praza de funcionario/a profesor/a de música do conservatorio municipal; polo sistema de oposición.

  • XIV Concerto de Nadal Pai Rubinos

    Cartel do concerto

    Cando:

    22/12/2025

    A Institución Benéfico Social Pai Rubinos organiza o seu tradicional concerto de Nadal no Palacio da Ópera. A Orquestra e o Coro Gaos interpretarán bandas sonoras de películas que irán acompañadas de diversas proxeccións e a especial intervención da Escola de Danza Druída.

  • Nadal 2025 no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e no Castro de Elviña

    foto do castelo de san antón

    Cando:

    Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026

    O Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña e o Castro de Elviña celebran o Nadal ofertando de balde visitas guiadas e un taller infantil.

  • Bolsas do Goberno Chinés 2026-2027

    gran muralla chinesa

    O Ministerio de Educación da República Popular China, de acordo co Plan Executivo subscrito co Goberno español, convoca 10 novas bolsas para o curso académico 2026-2027 para 5 modalidades de programas: Xeneral Scholar, Bachelor, Master's, Doutoral e Senior Scholar.

  • Eclipses no cinema

    cartel do evento con fotografía do filme

    Cando:

    29/12/2025

    A Agrupación Ío, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, organizan esta charla de Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación, que terá lugar no planetario da Casa das Ciencias.

  • Monicreques 2025

    cartel do ciclo

    Cando:

    Dende o 26/12/2025 ata o 30/12/2025

    Este Nadal o auditorio do Fórum Metropolitano presenta "Monicreques 2025", un ciclo composto por cinco espectáculos de títeres para público familiar.

  • Olimpíada Informática Galega 2026

    persoa resolvendo un problema informático nun bloc de notas

    Cando:

    06/02/2026

    O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Universidade da Coruña, Universidade de Santiago e Universidade de Vigo, organizan a Olimpíada Informática Galega 2026, destinada a estudantes de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional, para promocionar o coñecemento e as vocacións nesta disciplina.

  • XVI Certame Fundación Unicaja de Artes Plásticas

    muller de costas admirando un cadro de pintura abstracta

    O Certame "Fundación Unicaja de Artes Plásticas" é unha iniciativa da Fundación Unicaja que ten por obxectivo promover as artes plásticas e apoiar ás e os novos artistas.

  • Bolsa de emprego para posto de técnico ou técnica auxiliar de informática no Concello de Culleredo

    Ordenador sobre unha mesa.

    Convocatoria, mediante o sistema de concurso-oposición libre, para a formación dunha bolsa de técnicos e técnicas auxiliares de informática, grupo C1, para a selección de persoal funcionario interino.

resultados 222

Chinchetas nun calendario.

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión