Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Concurso de relatos curtos sobre o Camiño de Santiago

    Inscricións:

    Ata o 30/01/2026

    A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Mozárabe Sanabrés, de Rionegro del Puente (Zamora), convoca a 7ª edición do concurso de relatos curtos sobre O Camiño de Santiago.

  • Probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades de garda de caza e guardapesca marítimo

    Inscricións:

    Convocatoria 1/2026: 1-20 de marzo. Convocatoria 2/2026: 21 de setembro-18 de outubro.

    O Ministerio do Interior convoca as probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades, cuxa superación habilitará para o exercicio delas correspondentes profesións.

  • Concurso de microrrelatos «Purorrelato»

    Inscricións:

    Dende o 16/01/2026 ata o 16/04/2026

    A Dirección Xeral de Casa África convoca unha nova edición do concurso de microrrelatos "Purorrelato", no cal se pretende contribuír á difusión do coñecemento sobre África e favorecer unha imaxe positiva do continente, incentivando a creación literaria que anime a sentir e pensar sobre África e que mostre as súas distintas realidades sen estereotipos nin clichés.

  • Certame Internacional de Moda Sustentable RAÍCES

    Inscricións:

    Ata o 28/01/2026

    O Certame Internacional de Moda Sustentable "RAÍCES 2026" convida a profesionais, estudantes e afeccionados a repensar a moda desde a sustentabilidade, a circularidad e a emoción. Promovido pola deseñadora Virginia Abzueta e a colaboración da Consellería de Cultura do Principado de Asturias, forma parte do Proxecto RAÍCES, iniciativa que busca impulsar un cambio real na industria téxtil.

  • Xavier: Momentos naturais

    Cando:

    Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026

    A mostra, no Quiosco Alfonso, reúne máis de cen obras realizadas entre 1977 e 2025, incluíndo pintura, gravado, escultura e cerámica, e está estruturada en nove momentos creativos e dous gabinetes temáticos.

  • XX Convocatoria Bolsas Fundación A.M.A.

    Inscricións:

    Ata o 17/02/2026

    A Fundación A.M.A. convoca un sorteo para a concesión de 137 bolsas para os cursos de preparación MIR, FIR, EIR, PIR, QIR, BIR, RFIR e para os cursos de formación de posgrao a licenciados /graduados universitarios en Veterinaria e Fisioterapia na promoción denominada “Bolsas Fundación A.M.A. Convocatoria 2025/2026"

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión