Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • LI Certame María Agostiña

    Inscricións:

    Ata o 28/01/2026

    O Certame Literario María Agostiña, organizado polos institutos de educación secundaria de Lorca, convida a mozas de 16 a 23 anos a participar con obras inéditas en español.

  • Bolsas de Excelencia de Fundación hna para estudos de posgrao en arquitectura, arquitectura técnica e química

    Inscricións:

    Ata o 30/01/2026

    A Fundación hna convoca a V edición de Bolsas de Excelencia para estudos de posgrao en arquitectura, arquitectura técnica e química, en centros estatais ou estranxeiros.

  • 4 prazas de persoal laboral fixo da Autoridade Portuaria de Vigo

    Inscricións:

    Ata o 05/01/2026

    A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir as seguintes prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, polo procedemento de concurso-oposición: – 2 prazas de oficiais de obras e mantemento, perfil electricidade (GIII BII N3). – 1 praza de oficial de obras e mantemento, perfil fontanaría (GIII BII N3). – 1 praza de oficial de obras e mantemento, perfil ferraría/carpintaría metálica (GIII BII N3).

  • XLVI Certame de Conto Curto de Lagoa de Douro 2026

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2025

    O Concello de Lagoa do Douro convoca, dentro dos Concursos Literarios xustas Poéticas Castelás, o XLVI Certame de Conto Curto de Lagoa de Douro 2026.

  • LV Premio de Poesía de Lagoa de Douro 2026

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2025

    O Concello de Lagoa do Douro convoca, dentro dos Concursos Literarios xustas Poéticas Castelás, o LV Premio de Poesía de Lagoa de Douro 2026.

  • Taller para descubrir a arte de Sotomayor en familia

    Cando:

    20/12/2025

    A Fundación Barrié convídavos a vivir unha mañá en familia explorando o universo creativo de Fernando Álvarez Sotomayor.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión