Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2026-2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 21/05/2026

Requisitos:

  • a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivaente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no procedemento de acceso e admisión e realizar a devandita proba. No caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez acrediten estar en condicións para a obtención do título de bacharelato antes da adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.
  • b) Acceso para as persoas menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade: as persoas aspirantes nesta situación poderán acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores de Música sempre que acrediten, superando unha proba, ter acadado o desenvolvemento das competencias clave previsto ao finalizar o bacharelato

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

R/ Manuel Murguía, 44 (15011 - A Coruña)

Tel.: 981 141 295    

correo-e: cmus.coruna@edu.xunta.gal

https://centros.edu.xunta.gal/cmuscoruna

Publicación: DOG: 27/04/2026

INSCRICIÓN NAS PROBAS:

  • do 28 de abril ao 21 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas que reúnan os requisitos académicos de acceso.
  • do 28 de abril ao 15 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade.

Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na web https://www.edu.xunta.gal/easAs persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición (considérase centro de inscrición o que figure na solicitude como 1ª opción para cursar estudos)

  • 18 de maio: listaxe provisional de admitidas e excluídas na proba das competencias clave do bacharelato
  • 19 e 20 de maio: prazo de reclamación da listaxe provisional na proba das competencias clave do bacharelato
  • 25 de maio: listaxe definitiva de admitidas e excluídas na proba das competencias clave do bacharelato
  • 28 de maio: listaxe provisional de admitidas e excluídas nas probas específicas
  • 29 de maio a1 de xuño: prazo de reclamación da listaxe provisional nas probas específicas
  • 3 de xuño: listaxe definitiva de admitidas e excluídas nas probas específicas

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA: 

*PROBA ACREDITATIVA DAS COMPETENCIAS CLAVE DO BACHARELATOpara as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade.

  • Data e lugar de realización26 de maio de 2026, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

PROBAS ESPECÍFICAS PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA:

  • Datas de celebración:
    • As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 8 de xuño, de acordo co calendario e horarios publicados polo centro correspondente.
  • Lugar de celebración:
    • Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:
      • Especialidade de Dirección.
      • Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Canto, Guitarra, Jazz, Percusión e Vento madeira.
    • Realizaranse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:
      • Especialidade de Composición
      • Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Corda fretada, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga (clave, viola de gamba, instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco, instrumentos históricos de corda fretada- violín barroco), Piano e Vento metal.
      • Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.
      • Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.
      • Especialidade de Produción e Xestión.
  • Calendario:
    • 15 de xuño: publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica
    • 16 e 17 de xuño: reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica.
    • 22 de xuño: publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica.

A superación da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado nos que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

  • As vacantes existentes nas distintas especialidades adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante da cualificación final obtida polas persoas aspirantes no procedemento de acceso.
  • A proba de acceso específica suporá o 60 % do total da cualificación da proba de acceso aos estudos superiores de Música. O restante 40 % da cualificación final corresponderá á nota media do expediente académico do título de técnico das ensinanzas profesionais de música do/da aspirante. No caso de alumnado que realice as probas de acceso sen estar en posesión deste título, a puntuación que se deberá agregar por este concepto será o 0.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión