Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de maio no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de maio. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/05/2026 ata o 28/05/2026

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

MAIO

  • 05/05/2026 de 18:00 a 20:30h. Torneo One Piece (principiantes). 
    • É necesaria a inscrición (8 prazas)
    • Despois da presentación de rigor traemos de volta o TCG de One Piece pero formato torneo. Para principiantes e con mazos de préstamo.
  • 13/05/2026 de 18:00 a 20:00h. Pinta a túa camiseta.
    • É necesaria a inscrición. (8 prazas)
    • O verán está á volta da esquina, chegou o momento de lucir a túa cami e que mellor que decorada por ti. Ti pos a camiseta e nós o material!
  • 07/05/2026, 14/05/2026, 21/05/2026 e 28/05/2026 de 18:00 a 20:00h. Diario Creativo. 
    • É necesaria a inscrición. (8 prazas)
    • Toda esa creatividade que che nace, non a deixes perder... Inicia con nós esta viaxe polos diarios creativos, na que cada xoves crearemos unha nova páxina moi persoal, explorando diversas técnicas artísticas.
  • 22/05/2026 de 19:00 a 21:00h. Tarde de xogos"Last friday". 
    • É necesaria a inscrición. (6 prazas) 
    • Xogo de mesa de caza e deducción, inspirado no popular xénero de películas de terror "slasher". Un intrépido grupo terá que sobrevivir a unha finde terrorífica nun campamento de verán ...cun asasino axexando! Seredes quen de sobrevivir?

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión