Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Admisión á Escola Oficial de Idiomas, curso 2026-2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2026/27. Na Escola Oficial de Idiomas da Coruña ofértanse un total de 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para persoas estranxeiras, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/06/2026 ata o 06/07/2026

 para alumnado de novo acceso

Prezo:

Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario   127   219   311
Familia numerosa xeral 63,50 109,50 155,50
Familia numerosa especial   0   0   0
Certificado de discapacidade, víctimas de actos terroristas, víctimas de violencia de xénero   0   0   0
Persoas bolseiras ou solicitantes de bolsa   0   0   0
Persoas funcionarias docentes   35   35   35

Requisitos:

  • Persoas de 16 anos ou máis (cumpridos no ano natural en que se inicien os estudos).
  • Persoas de 14 anos ou máis, se o idioma elixido non é o cursado como primeira linguaestranxeira na ESO.
  • Para acceder a un curso que non sexa o primeiro (A1 ou A2, dependendo do idioma), énecesario contar cun acceso directo por ter outra titulación, ou acceder por proba declasificación.

Páxina web:

centros.edu.xunta.gal/eoicoruna

Contacto:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

R/ Educación, 1. 15011 - A Coruña

tel: 981 185 850 / 981 185 858 (administración)

e-correo: eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal​​​​​​​

Publicación: DOG 29/05/2026

CALENDARIO:

  • PREINSCRICIÓN: do 15 de xuño ao 6 de xullo de 2026.
    • Farase na aplicación informática www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php (no caso de dispoñer dun documento distinto do DNI ou NIE deberase formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido).
    • Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de 2 idiomas. Para cada idioma, poderá indicar até 3 preferencias de horario, de ser dispoñibles na oferta horaria dese centro.
  • Sorteo de nº de corte: 8 de xullo.
  • Adxudicación de prazas: 9 de xullo.
  • MATRÍCULA: do 9 ao 20 de xullo de 2026.
  • Prazas vacantes: no caso de quedaren vacantes, poderán ser ofertadas por cada escola até o 18 de setembro sempre que non existan listaxes de espera.
  • A matrícula de español para estranxeiros permanecerá aberta ao longo do curso académico. Esta excepcionalidade non suporá ningún desconto nos prezos públicos e estará suxeita á dispoñibilidade de prazas.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión