Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2026-2027

Prazos e proceso de admisión nos ciclos de FP Básica Ordinaria para o curso 2026/2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026

 até as 13.00h

Requisitos:

CONSULTA ATENTAMENTE:

REQUISITOS DE ACCESO:

O alumnado en idade de escolarización obrigatoria terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:

  • - Ter feitos 15 anos ou facelos durante o ano natural en curso.
  • - Ter cursado o 3º curso ou, excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación no centro, o 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
  • - Ser obxecto de proposta ou solicitar por petición propia, xunto cos pais, as nais ou persoas titoras legais, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, cando o perfil vocacional do alumno ou da alumna así o aconselle.

Deste xeito, dentro do grupo de alumando en idade de escolarización obrigatoria temos dous subgrupos:

  • - Alumnado procedente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
  • - Alumnado procedente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • - Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
  • - Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

PROCEDEMENTO ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As prazas adxudicaranse conforme os seguintes criterios de prioridade:

  • - Alumnado que cursase 2º de ESO.
  • - Alumnado que cursase 3º de ESO.
  • - Alumnado que cursase 4º de ESO.
  • - Alumnado non escolarizado.

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fp

Contacto:

Departamento de orientación de calquera centro público de Galicia con oferta de FP

Servizo de xestión de FP:

tel: 881 997 408 / 881 996 559 

e-correo: admision.ciclos@edu.xunta.gal

LUGARES PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

O centro de orixe (onde estén escolarizado) encargarase do alumnado de 2º de ESO proposto para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico e autorizado pola inspección educativa (ningunha persoa que estea cursando 2º de ESO pode solicitar por iniciativa propia a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico).

O alumnado procedente de 3º ou de 4º de ESO que desexe solicitar por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, deberá facer a solicitude no seu centro de orixe, no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará este alumnado no proceso de realización da solicitude.

O alumnado que non estea escolarizado no sistema educativo e desexe incorporarse a un ciclo formativo de grao básico deberá facer a solicitude no centro no que se oferta o ciclo do seu interese no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará este alumnado no proceso de realización da solicitude. Se a persoa solicitante é menor de idade, a solicitude deberá asinarse polo pai, a nai ou persoas titoras.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de xuño ao 30 de xullo de 2026 (até as 13.00h).

* O alumnado que estea escolarizado en 2º, 3º ou 4º da ESO presentará a solicitude do 22 de xuño ás 9:00 horas até o 30 de xuño  ás 13:00h.

  • 3 de xullo: resolución provisional de solicitudes.
  • Do 3 ao 7 de xullo (até as 13:00h): reclamación contra a resolución provisional de solicitudes.
  • 10 de xullo: resolución definitiva de solicitudes.
  • 10 de xullo: 1ª adxudicación e adxudicación continuada (chamamento).
  • 10 de xullo ao 31 de xullo (até as 13:00h): matriculación.

CONSULTA DE INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

A consulta de toda a información do proceso poderá facerse na páxina web www.edu.xunta.gal/fp, no centro de orixe ou naquel no que se teña adxudicada a praza. A aplicación Ciclosadmisión permitirá a consulta individualizada de información durante todo o proceso e especialmente durante os períodos correspondentes ás resolucións de solicitudes admitidas e excluídas, e de adxudicación. Para a consulta da situación individual poderase usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 ou certificado dixital.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión