Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Admisión FP: Formación acelerada, curso 2026/2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de convocar o proceso de admisión para a Formación Acelerada da FP.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026

até as 13:00h.

Requisitos:

CONSULTA ATENTAMENTE:

Requisitos de acceso:

  • Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural no que comece o programa de Formación acelerada.
  • Cumprir os requisitos de acceso ao grao básico, medio ou superior segundo corresponda.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

Contacto:

Departamento de Orientación de calquera centro público de Galicia con oferta de FP

Servizo de Xestión da Formación Profesional

tel: 881 997 408 / 881 996 559

e-correo: admision.ciclos@edu.xunta.gal

A Formación Acelerada ten a finalidade de permitir que as persoas obteñan unha cualificación de xeito rápido, que lles permita o acceso ao emprego nos ectores clave para Galicia nos que existe plena insercción profesional, pero á súa vez que poidan acumular esta formación para obteren posteriormente un título.

Esta formación caracterízase por concentrarse nun período curto de tempo, de catro a seis meses, realizándose dúas edicións por curso académico: primeira edición de setembro a xaneiro, e segunda edición de xaneiro a xuño.

Presentación de solicitudes de admisión

  • Unicamente poderá presentar a solicitude quen cumpra os requisitos de acceso no momento da presentación da solicitude de admisión.
  • As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para a Formación acelerada tamén poderán realizar a solicitude de admisión a outras ofertas de ciclos formativos e de cursos de especialización.
  • Serán excluídas dos procesos de admisión á Formación acelerada as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
  • Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
    • - Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva.
    • - Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
  • As persoas non admitidas na Formación acelerada continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos.

Deberase cubrir 1 solicitude de admisión para Formación acelerada na que se poderá optar a 4 formacións, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ . A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de Formación acelerada sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Calendario proceso de admisión Formación acelerada

  • Presentación de solicitudes: dende o 15 de xuño ás 9:00 h até o 30 de xuño as 13:00 h. 
  • 3 de xullo: resolución provisional de solicitudes.
  • Do 3 xullo ás 9:00 h ao 7 xullo ás 13:00 h: reclamación contra a resolución provisional de solicitudes.
  • 10 de xullo: resolución definitiva de solicitudes.
  • 10 de xullo: resolución das prazas adxudicadas e en espera.
  • Do 10 xullo ás 9:00 h ao 15 xullo ás 13:00 h: período de matrícula para as persoas admitidas. 
  • Do 16 xullo ás 9:00 h ao 31 ás 13:00 h | 1 setembro ás 9:00 h ao 25 ás 13:00 h: adxudicación continuada (chamamento).

Oferta de Formación Acelerada

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión