Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campaña de verán 2026: concesión do uso de instalacións xuvenís para colectivos xuvenís

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, convoca o procedemento para a concesión do uso das súas instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre para colectivos xuvenís.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 16/04/2026 ata o 24/04/2026

Duración:

diferentes quendas nos meses de xuño, agosto e setembro de 2026.

Prezo:

Os prezos dos servizos ofertados aparecen recollidos no anexo I, epígrafe A.1, da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude (DOG 08/04/2016).

Os grupos que figuren inscritos no Rexistro da Consellería de Política Social e Igualdade como entidades prestadoras de servizos sociais, as asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude domiciliadas en Galicia e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude terán un desconto do 50 %.

Requisitos:

  • Poderán solicitar o uso das instalacións
    • As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
    • Os consellos locais e municipais de xuventude.
    • As corporacións locais.
    • Outras entidades públicas ou privadas debidamente constituídas que realicen actividades coa mocidade.
    • Os grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para desenvolver un programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como destinatario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Páxina web:

xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude. Instituto da Xuventude de Galicia

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 881 999 025/ 981 540 122

Correo-e: instituto.xuventude@xunta.gal

Departamento Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rúa Vicente Ferrer, 2, 3 15071 A Coruña

Teléfonos: 881 88 12 38/ 881 88 12 39/ 881 88 12 40/ 881 88 12 41

Publicación: DOG 15/04/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento BS304A

Instalacións ofertadas: 

  • Albergue xuvenil Mariña Española, Bergondo e Sada
  • Campamento xuvenil Virxe de Loreto, Porto do Son
  • Campamento xuvenil Espiñeira, Boiro
  • Albergue xuvenil Area, Viveiro 
  • Albergue xuvenil Benigno Quiroga, Portomarín
  • Campamento xuvenil A Devesa, Ribadeo
  • Campamento xuvenil Os Chacotes, Palas de Rei
  • Campamento xuvenil Penedos de Xacinto, Entrimo
  • Albergue xuvenil As Sinas, Vilanova de Arousa
  • Campamento xuvenil Pontemaril, Forcarei
  • Campamento xuvenil Illa de Ons, Bueu

O uso das instalacións ofertadas suporá dispor:

  • Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa. O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último será o xantar do último día da estadía concedida.
  • Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
  • Dos servizos da xerencia e persoal de servizos de restauración e limpeza das ditas instalacións.

Exclúese dos servizos ofertados o traslado ata a instalación xuvenil, tanto o día de chegada como o de saída, que serán por conta da entidade ou grupo destinatario. Igualmente, para o Campamento da Illa de Ons exclúese o traslado en barco ata a illa.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión