Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

I Certame de Poesía Nova "O Parnaso do MAN"

O Museo Arqueolóxico Nacional convoca o I Certame de Poesía Nova "O Parnaso do MAN", dirixido a quen desexe converter en poema a emoción dunha sala, a presenza dunha escultura, a pegada dunha cultura antiga ou a experiencia persoal ante o museo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 06/06/2026

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, sempre de forma individual e en nome propio.
  • O tema do concurso é "Poesía e arqueoloxía". Cada concursante poderá participar cunha soa composición poética inspirada en:
    • - Unha peza das expostas nas salas de exposición permanente do Museo Arqueolóxico Nacional.
    • - Algunha das culturas ou sociedades do pasado representadas nel a través das coleccións expostas.
    • - Un personaxe histórico presente na colección do museo a través dunha das súas pezas.
    • - O propio Museo Arqueolóxico Nacional, como institución, o seu edificio ou espazos.
  • As obras deberán estar escritas en lingua castelá, ser orixinais e inéditas e non ser premiadas con anterioridade nin estar pendentes de resolución noutro certame
  • Cada autor ou autora poderá presentar un único poema.
  • A composición terá unha extensión máxima de 25 versos, escritas en fonte Estafes New Roman, tamaño 12 e interlineado de 1,5 puntos.
  • Os poemas poderán ter un carácter lírico, épico ou dramático e poderán axustarse ás seguintes formas métricas: soneto, romance, oda, elexía, sátira, himno ou verso libre.
  • O uso de ferramentas de Intelixencia Artificial para a composición destes traballos non se acepta.
  • O envío das composicións realizarase por correo-e a difusion.man@cultura.gob.es.

Remuneración / Dotación:

O poema gañador incorporarase ao percorrido desenvolvido na exposición permanente do museo, e colocarase, en formato sonoro recitado polo seu autor ou autora, xunto á peza á que o poema fai referencia ou que serviu de inspiración.

Ademais o gañador ou gañadora será premiado cunha visita privada para o autor e un acompañante ao museo en día de peche ao público, un lote de produtos da Tenda do museo e un diploma acreditativo.

Páxina web:

www.man.es

Contacto:

Museo Arqueolóxico Nacional

C/ Serrano, 13 (28001 - Madrid)

Tel.: 91 577 79 12

correo-e: difusion.man@cultura.gob.es

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión