Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"Luger", de Bruno Martín

Lóstrego - Festival de Cinema Fantástico

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/09/2026

Horario:

20.00 h

Duración:

95 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección..
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.lostregofestival.com/es/2026-programacion/

"Luger", de Bruno Martín

Con David Sainz, Mario Mayo e Ana Turpin

España 2025

95 minutos

Non recomendada para menores de 18 anos

Rafa e Toni son dous buscavidas que traballan para Ángela, unha avogada de moral flexible que lle ofrece á súa clientela solucións rápidas á marxe do legal. A historia transcorre ao longo dun frenético día nun laberíntico polígono industrial, cando reciben o encargo de recuperar o coche roubado dun deses clientes. No seu maleteiro, atoparán unha misteriosa caixa forte que contén unha reliquia da Segunda Guerra Mundial: unha pistola Luger P08 moi cobizada por xente moi perigosa dos baixos fondos.

*A proxección contará coa presentación de Ana Turpin.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión